Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29788

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra

ANUNCIO de licitación da adxudicación do contrato do servizo de limpeza das instalacións deportivas do pavillón multiúsos da Xunqueira.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: servizo de limpeza das instalacións deportivas do pavillón multiúsos da Xunqueira.

Lugar de execución: pavillón multiúsos da Xunqueira (Pontevedra).

Plazo de duración: 2 anos con posibilidade de prórroga anual ata dous anos máis, como máximo.

3. Tramitación e procedemento.

Procedemento aberto e con pluralidade de criterios de adxudicación, de conformidade cos artigos 138.2 e 157 e seguintes do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

4. Orzamento base de licitación.

52.631,97 euros (IVE incluído) por ano, sendo o orzamento máximo total de 210.527,88 euros (IVE incluído) se o contrato dura o tempo máximo previsto, de conformidade co artigo 12 do prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas particulares.

5. Garantías.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación total proposto polo adxudicatario multiplicado por dous anos, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra. Administración. Rúa Juan Manuel Pintos, s/n, 36005 Pontevedra. Teléfono: 986 87 20 13. Perfil do contratante do IMD: www.pontevedra.eu. Correo electrónico: imdadministracion@pontevedra.eu

7. Solvencia económica, financeira, técnica e profesional.

Segundo o sinalado no artigo 34 do prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Durante os 26 días hábiles seguintes ao de publicación do último anuncio de licitación (no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia ou no perfil do contratante).

9. Documentación que hai que presentar.

A sinalada no artigo 26 do prego de cláusulas administrativas e prescicións técnicas particulares.

10. Lugar de presentación.

Rexistro de entrada do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra de 8.30 a 13.30 e se é sábado no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra.

11. Criterios de adxudicación.

Os indicados no artigo 29 do prego de cláusulas administrativas e prescicións técnicas particulares.

12. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 30 de maio de 2014

Agustín Fernández González
Presidente do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra