Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29731

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (500/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 500/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Victoria Fernández Treus contra a empresa Servanza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza, cuxa resolución se xunta:

«Decido estimar a demanda formulada por María Victoria Fernández Treus fronte a Servanza, S.L. e, en consecuencia, declarar a improcedencia do despedimento e condenar a Servanza, S.L. a que no prazo de cinco días proceda á readmisión con aboamento de salarios de trámite ou, se é o caso, a aboar a indemnización por importe de 6.057,71 euros.

A presente non é firme e contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014

A secretaria xudicial