Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (501/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 501/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Beatriz Outeiral Pérez e María José Mouriño Guzmán contra a empresa Servanza, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza, cuxa resolución se xunta:

«Decido estimar a demanda formulada por Beatriz Outeiral Pérez e María José Mouriño Guzmán fronte a Servanza, S.L. e, en consecuencia, declarar a improcedencia do despedimento e condenar a Servanza, S.L. a que no prazo de cinco días proceda á readmisión con aboamento de salarios de trámite ou, se é o caso, a aboar a indemnización por importe de 4.652,99 euros, no suposto da señora Outeiral, e de 2.802,37 euros, no caso da señora Mouriño.

A presente non é firme e contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado»

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014

A secretaria xudicial