Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a ampliación do prazo de resolución no procedemento de aprobación e rexistro de proxectos de ordenación e plans técnicos do Proxecto de ordenación do monte de Porto de Río, parroquia de San Xurxo do Cadramón (O Valadouro, Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes de ampliación do prazo en 3 meses para resolver o procedemento de aprobación e rexistro do Proxecto de ordenación do monte de Porto do Río, parroquia de San Xurxo do Cadramón, do concello do Valadouro.

Esta resolución de ampliación de prazo para resolver non é susceptible de recurso, consonte o artigo 42.6 da Lei 30/1992.

Lugo, 17 de xuño de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: Proxecto de ordenación do monte de Porto do Río, parroquia de San Xurxo do Cadramón, concello do Valadouro.

Interesado: Carlos Iván López López, representante da entidade mercantil Xuvencas e Carballos, S.L.

Acto de notificación: acordo de ampliación do prazo para resolver.