Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se inicia a apertura do período da vista pública do expediente de segundo treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación 2014) dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, O Porriño.

Concluída a fase de apeo correspondente ao expediente de segundo treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación 2014) dos montes da comunidade de montes veciñais en man común de Atios, concello do Porriño, en cumprimento do establecido polo artigo 49 da Lei 7/2012, do 20 de xuño, de montes de Galicia, ábrese o prazo de vista do citado expediente nas oficinas do Servizo de Montes, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural e do Mar, da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo, rúa Fernández Ladreda, 43, Pontevedra, durante 20 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poida ser examinado, de luns a venres das 10.00 ás 13.00 horas. Durante o mesmo prazo xa especificado, poden presentarse alegacións referentes a este expediente e á práctica do apeo.

Pontevedra, 18 de xuño de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra