Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de xuño de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao expediente 10/77.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial con data do 12 de xuño de 2014 figura o acordo seguinte:

Monte de Santalla (expediente 10/77), pertencente aos veciños da parroquia de Santalla de Pena, no termo municipal de Begonte, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 28 de novembro de 1977. Con data do 28 de maio de 2014 tivo entrada escrito asinado por José Manuel Varela Trigo, como presidente da xunta reitora, dando traslado dun acordo de deslindamento parcial practicado entre esta comunidade e varios propietarios de predios particulares, seguindo o procedemento do artigo 54 da Lei 7/2012, de montes de Galicia; xuntan acta do deslindamento, testemuña do acto de conciliación celebrado perante o Xulgado de Paz de Begonte, certificación de aprobación por parte da comunidade, planos topográficos e memoria descritiva. O Servizo de Montes emite informe, con data do 2 de xuño de 2014, en que se concretan as modificacións que se producen como consecuencia do deslindamento, quedando o monte de Santalla cunha superficie de 514,58 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado por unanimidade acorda aprobar o deslindamento practicado e proceder ás oportunas modificacións no expediente.

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 16 de xuño de 2014

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo