Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de xuño de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao expediente 141/80.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial con data do 12 de xuño de 2014, figura o acordo seguinte:

Monte de Soñar (expediente 141/80), pertencente aos veciños da parroquia de Soñar, do concello de Lugo, clasificado polo Xurado con data do 16 de novembro de 1981. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012 acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación como consecuencia da recepción de escrito presentado por Mª dos Anxos Rodríguez Mourenza, xunto con certificado de Rosa López Escolante, como presidenta da xunta reitora do monte, no cal solicitan que se proceda á revisión do esbozo con respecto a unha pequena parte da parcela catastral 11 do polígono 132. Con data do 25 de abril de 2014, o Servizo de Montes, elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Soñar, co que o monte queda cunha superficie de 23,8169 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado por unanimidade acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con el.

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 16 de xuño de 2014

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo