Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de maio de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de urbanización e de construción do campo de golf do sector de Xaz en Dorneda, concello de Oleiros, promovido pola Xunta de Compensación do Sector de Xaz (clave 2014/0022).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 26 de maio de 2014 relativo ao proxecto de urbanización e de construción do campo de golf do sector de Xaz en Dorneda, concello de Oleiros (A Coruña), promovido pola Xunta de Compensación do Sector de Xaz.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental