Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación de explotación libre de gando vacún de leite, mediante construción de corte de vacas secas, no lugar de Busto, na parroquia de Corzón, no concello de Mazaricos, promovido pola SAT Busto-Corzón (clave 2013/0087).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 6 de xuño de 2014 relativo ao proxecto de ampliación de explotación libre de gando vacún de leite, mediante construción de corte de vacas secas, no lugar de Busto, na parroquia de Corzón, no concello de Mazaricos (A Coruña), promovido pola SAT Busto-Corzón.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos, e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental