Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da obra de rehabilitación do sistema de impermeabilización, remates da cuberta e reparacións interiores do auditorio Carmen Estévez de Vilalba.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: contratacion.cmati@xunta.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expedientes: 17/2014 U.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición: rehabilitación do sistema de impermeabilización, remates da cuberta e reparacións interiores do auditorio Carmen Estévez de Vilalba.

a) Tipo: obra.

b) Prazo de execución/entrega: 3 meses.

c) Admisión de prórroga: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45212321-2.

2.2. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Valor estimado do contrato: 248.319,39 €.

2.3. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 248.319,39 €. Importe total: 300.466,46 €.

2.4. Garantías exixidas.

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE): 12.415,97 €.

2.5. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

2.6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto I do seu cadro de características.

2.7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20760

3. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince (15) días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

4. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora de apertura dos sobres B e C.

5. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas