Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29579

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2680/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2680/2012-MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 483/2011 Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrente: David Fernández Martínez.

Avogado: Ramón Hermida Mosquera.

Recorridos: Limpiezas Pisuerga Grupo Norte Limpisa, S.A. e outros.

Avogada: Ana Isabel López Fernández.

Procurador: José Manuel Lado Fernández.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2680/2012-MCR desta sección, seguido por instancia de David Fernández Martínez contra Valoriza Facilities, S.A.U. e outros, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por David Fernández Martínez contra a Sentenza do 7 de marzo de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo no procedemento número 483/2011, sobre cantidades, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala –sección aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación»–. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Monserrat Vicente Correa, Vanesa Rodríguez Maneiro, Elvira Carrera Prego, José Carlos Sousa Pérez e Nuria Espósito Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2014

A secretaria xudicial