Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 1 de xullo de 2014 Páx. 29575

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2175/2012).

Secretaría: Sra. Freire Corzo-RMR.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2175/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 701/2010 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Enrique González Domínguez.

Avogada: Francisca Vazquero Pérez.

Procurador: José Manuel Lado Fernández.

Recorrentes: Rosa María González Domínguez, José Carlos Mouriño Amil, Rosa García Núñez.

Avogado: José Alfredo Barca Guitián.

Procuradora: María Luisa Pando Caracena.

Recorrentes: María Luisa Martínez García, Marisol Díaz Martínez.

Avogada: Lida Vázquez Méndez.

Recorrida: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Avogado/a: letrado/a Comunidade (Servizo Provincial).

Recorrida: Genoveva Piñeiro García.

Avogada: María José Liste López.

Recorridas: Carmen Lucía Abal Saborido, Angelina Valladares Domínguez, Justa Santamaría Seijas.

Graduada social: Rosa Ana Álvarez Bastero.

Recorridos: Asunción Goimil Tato e outros.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2175/2012, seguido por instancia de Enrique González Domínguez contra a Consellería de Presidencia e outros, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimamos os recursos de suplicación presentados pola letrada Lidia Vázquez Méndez, actuando en nome e representación de Luisa Martínez García e Marisol Díaz Martínez contra a Sentenza de data 24 de febreiro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, en autos 701/2010, aclarada por auto do 31 de marzo de 2011, por carencia sobrevida do obxecto.

Que desestimamos o recurso de suplicación presentado polo letrado José Barca Guitián, actuando en nome e representación de María Rosa González Domínguez, José Carlos Mouriño Amil e Rosa García Núñez, e estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Enrique González Domínguez contra a Sentenza do 24 de febreiro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, en autos 701/2010, aclarada por auto de data 31 de marzo de 2011, polo que a revogamos no sentido de recoñecerlle ao demandante unha puntuación de 2,42 puntos polos méritos a que se refire a letra b) da base II.1.1 da orde da convocatoria, e a confirmamos no restante. En consecuencia co dito, anulamos en parte a Orde de data 16 de xullo de 2008 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 004 do grupo IV do persoal laboral da Xunta de Galicia pola quenda de promoción interna e cambio de categoría e tamén en parte nas resolucións ditadas en materia de baremación do 20 de febreiro e 23 de abril de 2008 co único fin de outorgarlle ao demandante unha puntuación por experiencia profesional de 3,35 puntos, resultados da seguinte suma: 0,94 puntos pola base II.1.1.d) e 2,42 puntos pola base II.1.1.b) das fixadas do 21 de febreiro de 2006 da Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e condenamos a estar e pasar pola anterior declaración a Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como os seguintes codemandados: María Rosa González Domínguez, Rosa García Núñez, Genoveva Piñeiro García, Francisco Javier Sánchez Vilas, Carmen Lucía Abal Saborido, María Celia Ageitos Tielas, María Venera Antelo Arijón, María Carmen Ares López, María del Carmen Arias Pacheco, María Ángeles Bao Fernández, María Carmen Barbeito Vázquez, Augusta Assunção Barbosa Piñeiro, Julia María Bouza Fernández, María del Carmen Buján Gómez, Carmen Campelo Ferreiro, Pilar Cancio Álvarez, Ana María Castañal Castiñeira, Antonio Castro Alvarado, Rosina María Cristina Castro Villar, María José Cernadas Campos, Elisa Cibeira Fernández, María del Carmen Cores Caldelas, María Teresa Cortizas Rodríguez, María del Carmen Costa Dorado, María Luz Cotelo Lema, María Teresa Creo Tubío, Nieves Cruz Rodríguez, María Dolores Díaz Fernández, Josefa Díaz Yáñez, María Victoria Diz Couto, María Carmen Fernández Grandío, María Encarnación Fernández Méndez, María Luz Fuestes Luaces, María Luz García Novo, María Delfina González Castro, María del Carmen González Iglesias, María Antonia Guerrero Ruiz, María Jesús Iglesias Fernández, Rosa María Liñares Solla, María del Carmen López Álvarez, María Carmen López Cabello, María Carmen López Rodríguez, Lucinda Maceira Sánchez, Beatriz Martínez Díaz, Josefina Martínez González, María Marcelina Méndez Sánchez, María Carmen Midon Sobredo, María Isabel Mosteiro Riveiro, María José Navaza Vázquez, María Teresa Nieto Puñal, María Cruz del Oro Ruzo, María Teresa Pallares Romero, Julia María Pardo Vilariño, Montserrat Pedreira González, María Consuelo Pena Arjones, María Carmen Pereira Filgueira, María Emilia Pérez Teijeiro, María Jesús Pérez Vidal, María Josefa Regueiro Lamas, María Lidia Rey Fernández, Alicia Rey Seijas, María Fátima Rey Vázquez, María Eugenia Rodríguez Couñago, Eva María Rodríguez Méndez, Ana María Rubal Fernández, Justa Santamaría Seijas, María Pilar Serantes Gómez, Juan Ignacio Sixto González, María Pilar Suárez García, Josefa Trabazo García, Angelina Valladares Domínguez, María Felicitas Vázquez Castro, Andrés Vázquez Novo, María Fe Vázquez Novo, Eva Vázquez Saavedra, María Aurora Vázquez Saavedra, María Montserrat Vidal Ares e Lidia Feliciana Vilchez Monago.

Confirmamos a desestimación da demanda reitora das presentes actuacións e a conseguinte absolución dos seguintes codemandados: María Luisa Martínez García, María Sol Díaz Martínez, María Asunción Goimil Tato, José Carlos Mouriño Amil, Yolanda Pérez Freijeiro, María José Vidal Rascado, Sandra Davila Guimerans, Emilio Álvarez Bayón, Rosario Álvarez González, María Dolores Álvarez Prieto, Celina Alvite Fraga, Blanca Araujo Vázquez, Rosa Ana Barros Martínez, Vicente Cabarcos Dopico, María José Cabo Villar, José Collazo Brey, Marcos Iván Cruz González, Yolanda Currás Abalde, José Antonio Domínguez García, Raquel Domínguez Lema, María Isabel Fernández Otero, Rosalía Fernández Saavedra, María Teresa Fernández Santamarina, Beatriz García Andión, María Olga González Díaz, Diana Iglesias Padrón, Hortensia Lamas Castro, Luisa Mariño Fernández, Susana Meire López, Beatriz Miranda Feijoo, Trinidad Pedrido Gómez, María Jesús Pereira Fernández, Sara Silvina Pérez Francisco, Josefa María Pérez López, María Carmen Pintos Ríos, María Gloria Recuna Carrasco, María del Carmen Restrebada García, Yolanda María Ríos Martín, Antonia Rodríguez Jardón, Sandra María Sánchez Pérez, María Isabel Sánchez Trevin, Begoña Sartages Medrano, Mónica Soto Santiago, María Teresa Vázquez Díaz e María Concepción Vázquez García.

Non se efectúa especial condena en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que produza os seus efectos legais e sirva de notificación a Josefina Martínez González, María Jesús Pérez Vidal e Marcos Iván Cruz González, actualmente en ignorado paradoiro, advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. Expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

A secretaria xudicial