Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Venres, 27 de xuño de 2014 Páx. 29179

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2014 pola que se adxudica unha bolsa de xestión documental en contornas dixitais.

A Escola Galega de Administración Pública convocou, mediante Resolución do 20 de febreiro de 2014 (DOG núm. 57, do 24 de marzo), unha bolsa de xestión documental en contornas dixitais.

A Comisión de Valoración para a adxudicación desta bolsa, na súa reunión do 12 de xuño de 2014, baremou definitivamente todas as solicitudes e propuxo a adxudicación en favor da candidata que obtivo a maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e á vista da proposta da Comisión de Valoración,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgarlle a dita bolsa á candidata Marta Carrera Ferreiro, que acadou a maior puntuación: 22,78 puntos.

Segundo. Que se lle notifique esta resolución á candidata para que no prazo de dez días, contados a partir da recepción da notificación, comunique á Escola Galega de Administración Pública a súa aceptación ou a súa renuncia á bolsa. Unha vez transcorrido este prazo sen que se produza manifestación expresa por parte da beneficiaria, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No prazo de cinco días contados desde a aceptación expresa da bolsa ou do transcurso do prazo para entendela tacitamente aceptada, a candidata seleccionada deberá incorporarse para o desempeño da bolsa na EGAP. No caso de que a beneficiaria non se incorpore neste prazo, ou que renuncie expresamente, perderá os dereitos inherentes á bolsa (base décima).

Contra esta resolución poderá interporse, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a Dirección da EGAP, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución, nos termos dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co establecido no artigo 46.4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (base novena).

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública