Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 29001

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación do Plan parcial do solo empresarial deste concello.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 12 de abril de 2014, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación do Plan parcial do solo empresarial do Concello de Arbo, promovida por Xestur, S.A., e redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Daniel Durán Arrieiro, nos termos que constan no expediente.

Segundo. Someter o expediente e, por conseguinte, os documentos da modificación puntual do plan parcial a información pública polo prazo dun (1) mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión provincial. Durante o dito período quedará o expediente de manifesto na Secretaría da entidade, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 8.00 ás 15.00 horas. No dito prazo, os interesados poderán formular as alegacións que teñan por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses.

Terceiro. Suspender o outorgamento de aprobacións, autorizacións e licenzas urbanísticas nas áreas en que as novas determinacións para elas previstas supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

Cuarto. Comunicarlles persoalmente a apertura e duración do trámite de información pública aos propietarios de terreos comprendidos no ámbito da modificación puntual do plan parcial. O chamamento realizarase a cantos figuren como propietarios no Catastro, en exixencia do artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Quinto. Requirir os informes, ditames ou outro tipo de pronunciamento dos órganos e entidades administrativas xestoras de intereses públicos afectados, previstos legalmente como preceptivos, que deberán ser emitidos nesta fase de tramitación da modificación do plan parcial e nos prazos que estableza a lexislación sectorial correspondente.

De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público nas oficinas municipais do Concello de Arbo, das 8.00 ás 15.00 horas, por un prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Arbo, 15 de abril de 2014

Xavier Simón Fernández
Alcalde