Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 29000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 6 de xuño de 2014 polo que se fai pública a rescisión do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Taboadela e esta axencia.

O día 21 de xullo de 2009 publicouse no DOG (DOG núm. 141) o convenio de adhesión do Concello de Taboadela á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Mediante o acordo plenario do 28 de novembro de 2013, o Concello acordou rescindir o convenio de adhesión e darlle conta á Axencia da súa vontade.

Na sesión do Consello Executivo da Axencia do 26 de marzo de 2014 deuse conta do acordo municipal de rescisión.

De conformidade co establecido no artigo 12.1.a e 2 dos estatutos da Axencia, aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, dáse por rescindido o convenio de adhesión subscrito entre o Concello de Taboadela e a Axencia e disponse a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística