Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28916

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2574/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2574/2012 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 67/2011 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrentes: empresa José Antonio López Ferradas, Luisa María da Fonseca Marques Rúa.

Avogado: Emilio Vidal Rodríguez, Beatriz Rodríguez Hermida.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Hotel Restaurante El Bosque, S.L., Mutua Fremap, Mutua Midat Cyclops.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), María Araceli Martínez Araujo, Luis Manuel Rodero Díaz.

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2574/2012 desta sección, seguido por instancia da empresa José Antonio López Ferradas, Luisa María da Fonseca Marques Rúa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Hotel Restaurante El Bosque, S.L., Mutua Fremap, Mutua Midat Cyclops, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Luisa Mª da Fonseca Marques Rúa fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en xuízo seguido por instancia do recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo Fremap e as empresas José Antón López Ferradas e o Restaurante El Bosque, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hotel Restaurante El Bosque, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de maio de 2014

A secretaria xudicial