Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (34/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 34/13 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Cristina de la Torre Herrera contra a empresa Zozo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Ana Cristina de la Torre Herrera contra Zozo, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, condénase a empresa demandada a aboar á demandante a cantidade de 973,99 euros en concepto de indemnización por despedimento obxectivo, de 2.509,36 euros de salarios e de 390,64 por conceptos extrasalariais. A cantidade correspondente a salarios deberá incrementarse cos xuros previstos no artigo 29.3 ET, e as restantes co xuro legal, que se computará desde a interposición da papeleta de conciliación.

Declárase, para os efectos da eventual responsabilidade do Fogasa en virtude dos artigos 33 ET e concordantes, que a relativa a conceptos salariais queda restrinxida á cantidade de 2.509,36 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, o que demostrará presentando o comprobante do ingreso no período comprendido até a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Zozo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 4 de xuño de 2014

A secretaria xudicial