Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28696

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (180/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 180/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Guldrís Rodríguez contra a empresa Iden del Noroeste, S.L., ditouse sentenza cuxo fallo di literalmente:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Ramón Guldrís Rodríguez, contra Iden del Noroeste, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de dez mil trescentos oitenta e dous euros con vinte e cinco céntimos (10.382,25 €) en concepto de salarios polos períodos sinalados no feito probado terceiro desta sentenza.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Iden del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2014

A secretaria xudicial