Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de xuño de 2014 pola que se emprazan os interesados nos procedementos ordinarios 4165/2014, 4166/2014, 4167/2014, 4168/2014 e 4169/2014 no expediente de reposición e restitución da legalidade P-UL-71.01/03, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2, en relación cos procedementos ordinarios núm. 4165/2014, interposto por Celso Opazo Limia e Margarita Castro Teixeira, 4166/2014, interposto por Antonio Veigas Chaos e Miriam Coromoto Ramírez Jota, 4167/2014, interposto por José Rodríguez Janeiro, e 4169/2014, interposto por María Purificación Ferro Varela, contra a resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística pola que se dá traslado á Resolución do 26.6.2006, que é firme, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, no expediente de reposición e restitución da legalidade núm. P-UL-71.01/03, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 2.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázanse a Purificación Ferro Varela e a Florencio Cruz Barreiro para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística