Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de xuño de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/52/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu enderezo descoñecido.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a Sebastián Bravo Ruíz e Gema Domínguez Sánchez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/52/2013, en relación coas obras de construción dunha edificación de planta baixa con tipoloxía de alboio, no lugar de Nogueiredo, parcela 55, polígono 86, no termo municipal de Castrelo de Miño.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística