Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28474

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO de información pública (expediente 680/2014).

(Expediente: 680/2014).

Rexistro da entrada nº: 6401.

Data do rexistro: 4.12.2013.

Solicitante: Poliestileno da Mariña, S.L.

Actividade: fábrica de embalaxes de poliestileno expandido.

Situación: Foz.

Procedemento: comunicación previa de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental (supostos non incluídos na lexislación de impacto ambiental).

Poliestileno da Mariña, S.L., con DNI/CIF B70386636 e domicilio en Sueiro-Goyente, 15 A, Culleredo (A Coruña), solicitou a apertura da fábrica de embalaxes de poliestileno expandido, sita no polígono industrial de Fazouro, parcela 45/46 Fazouro (Foz), sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, procédese a abrir período de información pública polo plazo de vinte (20) días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que os que se vexan afectados dalgún modo pola dita actividade, presenten as observacións que consideren pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais –Secretaría– en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas.

Foz, 30 de abril de 2014

Javier Jorge Castiñeira
Alcalde