Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28475

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública (expediente 325/13).

José Luis Castro da Silva Vale solicitou licenza municipal de actividade para a instalación e apertura dunha panadaría (expediente 325/13), que se situará na rúa Concepción Arenal, esquina rúa Luís Seoane (O Grove). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e con base na Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, sométese a información pública por un prazo de vinte días para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo, situado na rúa Cándido Acuña Blanco, nº 3, das 10.00 ás 14.00 horas, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

O Grove, 26 de maio de 2014

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde