Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación do servizo de explotación publicitaria do mobiliario urbano.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2296.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de explotación publicitaria do mobiliario urbano do Concello de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: 4 anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79341000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación: o único criterio de adxudicación será o prezo.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 40.986 euros.

b) O canon mínimo que deben ofrecer os licitadores será de 6.831 €/ano, máis o IVE correspondente.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: importe do canon anual que ofreza ao Concello (mínimo 6.831 €).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 13.4 do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 13.5 de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 9 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral.

2) Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3) Localidade e código postal: Ourense 32005.

4) Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 5 de xuño de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde