Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 26 de maio de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución CM-01/2014, da mesma data, pola que se convoca, polo sistema de concurso de méritos, a provisión dun posto de xefe de grupo-área de cociña.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (Diario Oficial de Galicia nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe de grupo-área de cociña da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios do Servizo de Persoal da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 2 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ferrol, 26 de maio de 2014

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol