Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a formalización do contrato de servizo de limpeza para o HULA e edificios dependentes (AB-HLA1-13-001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa do HULA.

c) Número de expediente: AB-HLA1-13-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto del contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza do HULA e edificios dependentes: Hospital de Calde, consultas de Saúde Mental, sitas no antigo Edificio Administrativo do Hospital Xeral de Lugo, e outros servizos descritos no prego de prescricións técnicas.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8 Servizos de limpeza de edificios.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 21 de setembro de 2013 no DOUE, 10 de outubro de 2013 no BOE e 17 de setembro de 2013 no Diario Oficial de Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 31.657.202,71 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 18.089.830,12 euros.

Importe total: 21.888.694,44 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21 de marzo de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 30 de abril de 2014.

c) Contratista: Clece, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 17.449.270,59 euros.

Importe total: 21.113.617,41 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: mellor oferta técnica (para máis información: véxase o perfil do contratante, www.sergas.es).

Lugo, 9 de xuño de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos