Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 9 de xuño de 2014, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 19 de maio de 2014, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-95/14, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luís Martínez Sieira; os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución deste procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da dita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG nº 193, do 9 de outubro) e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegaren ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formularen alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 9 de xuño de 2014

P.S. (Resolución do 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística

ANEXO

Expediente: AC-95/14.

Denunciada: Damaris Gabriela Leal Sandoval.

NIF: X-6796947-X.

Establecemento: café bar O Rancho.

Enderezo: estrada AC 299, km 1,5, Estramundi.

Localidade: Padrón.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alínea b), da Lei 7/2011.

Incoación: 19 de maio de 2014.

Sanción: apercibimento.