Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2014 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo consistente na realización de traballos de control sobre o terreo, de admisibilidade e condicionalidade, en axudas directas da política agrícola común (PAC) e de desenvolvemento rural, baseadas en superficies, correspondentes á campaña 2014-2015 (expediente PA1/14), procedemento aberto, tramitación ordinaria e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Fogga, rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: traballos de control sobre o terreo de admisibilidade e condicionalidade en axudas directas da política agrícola común (PAC) e de desenvolvemento rural, baseadas en superficies, correspondentes á campaña 2014-2015 (expediente PA1/2014).

c) Lugares de execución: as provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

d) Prazo de execución: o establecido na letra Ñ da folla de especificaciones do prego.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: orzamento sen IVE: 206.439,35 €; IVE (21 %): 43.352,27 €; orzamento total: 249.791,62 €.

5. División por lotes.

Lote I: provincia da Coruña. Orzamento sen IVE: 57.407,18 €; IVE (21 %): 12.055,51 €; orzamento total: 69.462,69 €.

Lote II: provincia de Lugo. Orzamento sen IVE: 108.847,28 €; IVE (21 %): 22.857,93 €; orzamento total: 131.705,21 €.

Lote III: provincia de Ourense. Orzamento sen IVE: 40.184,89 €; IVE (21 %): 8.438,83 €; orzamento total: 48.623,72 €.

6. Criterios de adxudicación: segundo o establecido na letra N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación de cada lote, excluído o IVE.

9. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

b) Domicilio: rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d)Teléfono: 981 54 62 79.

e) Fax: 981 54 61 91.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20733

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións.

10. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será o Rexistro dos Servizos Centrais do Fogga (rúa dos Irmandiños, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou ben por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral de contratación.

d) Modelo de presentación: o que figura como anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de obrigado mantemento da oferta: 3 meses.

f) Variantes: non se admiten.

11. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: na sala de xuntas do Fondo Galego de Garantía Agraria, rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela.

b) Data: publicarase no perfil de contratante.

12. Gastos do anuncio.

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria