Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28289

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 21 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2014/15.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 4 de xuño de 2014, cómpre efectuar a seguinte corrección:

– Na páxina 25219, no punto IV, Tribunal avaliador das probas de acceso ás ensinanzas de grao medio na EASD Antonio Faílde, en Ourense, onde di: «Presidente titular: José Manuel González Rivera», debe dicir: «Presidente titular: Xosé Manoel González Rivera», e onde di: «Presidente suplente: José Manuel Seoane Feijóo», debe dicir: «Presidente suplente: Manuel Seoane Feijóo».