Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28290

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2014 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 11 de marzo de 2014 pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 2 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 2 de outubro de 2013 (DOG núm. 197, do 15 de outubro) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva. No anexo I da dita orde recóllese a modalidade A destas axudas.

A Resolución do 11 de marzo de 2014 (DOG núm. 52, do 17 de marzo) adxudica as axudas posdoutorais, modalidade A, ás universidades do Sistema universitario galego (SUG) que contraten os/as candidatos/as seleccionados/as que aparecen na dita resolución.

No artigo 14 da orde de convocatoria establécese que no caso de que se produza algunha renuncia se poderán adxudicar as axudas aos solicitantes da lista de espera, sempre que a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de resolución de concesión, sen que en ningún caso o período das axudas poida superar o período indicado no artigo 3 da Orde do 2 de outubro.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas polos solicitantes concedidos na Resolución do 11 de marzo de 2014 que se relacionan no anexo I.

Segundo. Aceptar a renuncia presentada da listaxe de espera que se relaciona no anexo II.

Terceiro. Adxudicar as axudas aos solicitantes da listaxe de espera que se relacionan no anexo III. Os novos contratos deberán formalizarse o día 1 de xullo de 2014.

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG segundo a data de inicio dos contratos, das renuncias producidas e das novas adxudicacións.

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de prazas

Crédito (en euros)

2014

2015

2016

2017

Total

09.40.561B.444.0

UDC

7

134.187,50

265.312,50

252.925,00

123.975,00

776.400,00

USC

31

610.933,33

1.162.368,06

1.119.923,61

522.975,00

3.416.200,00

UVIGO

12

223.377,78

455.983,33

436.253,89

218.785,00

1.334.400,00

Total

50

968.498,61

1.883.663,89

1.809.102,50

865.735,00

5.527.000,00

Quinto. As axudas concedidas serán financiables polo FSE, no eixo 3, tema prioritario 74, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, nunha porcentaxe máxima do 80 %. Por iso, as universidades beneficiarias das axudas e os/as solicitantes contratados/as deberán cumprir as normas recollidas no Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión; no Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1748/1999; as normas de información e publicidade dos fondos contidos no Regulamento 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro (L 371/1, DOUE do 27 de decembro de 2006), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

O complemento de 1.500 € anuais os dous primeiros anos e de 1.000 € o terceiro ano que se recolle no artigo 3 do anexo I da orde de convocatoria non é un custo subvencionable no marco do FSE, por canto non se trata dun custo directamente derivado da contratación do persoal investigador senón do financiamento de gasto en que incorren as universidades beneficiarias para a correcta tramitación do programa.

Sexto. Xunto coa primeira xustificación, a entidade beneficiaria das axudas remitirá unha declaración responsable de que se mantén unha separación contable adecuada ou un código contable axeitado para os gastos cofinanciados polo FSE, tal como se recolle no artigo 60 do Regulamento (CE) núm. 1083/2006, que regula as funcións da autoridade de xestión.

Sétimo. O artigo 10 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas. Como consecuencia da data de inicio e finalización dos novos contratos, establécese a data límite do 30 de setembro de 2017 para a achega da documentación indicada no devandito artigo para a xustificación do último pagamento destes.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Renuncias solicitantes concedidos

Nº expediente

Uni.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Ámbito

Total

Zona
1º ano

Zona
2º ano

POS-A/2013/017

USC

Brea

Fernández

Roberto Javier

*****123T

Ciencias

93

3

3

POS-A/2013/064

USC

Martínez

Calvo

Miguel

*****686Y

Ciencias

93

2

2

POS-A/2013/016

USC

Böhme

Karola

*****476Z

Ciencias

90

2

1

POS-A/2013/056

USC

Juan

Jordá

Mª José

*****049K

Ciencias Sociais e Xurídicas

99,5

3

3

POS-A/2013/208

UDC

Villares

Varela

María

*****964N

Ciencias Sociais e Xurídicas

81

2

2

POS-A/2013/185

UDC

Casal

Pascual

Gema

*****684J

Ciencias

88,5

2

2

POS-A/2013/088

USC

Regal

López

Patricia

*****907X

Ciencias

88

3

2

POS-A/2013/074

USC

Otero

Fuertes

Mª Paz

*****562S

Ciencias

84,25

2

2

POS-A/2013/153

UVIGO

Sánchez

Guillén

Rosa Ana

*****372P

Ciencias

82,25

2

2

ANEXO II
Renuncia da listaxe de espera

Nº expediente

Uni.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Ámbito

Total

Zona
1º ano

Zona
2º ano

POS-A/2013/204

UDC

Seoane

Fernández

José Antonio

*****926L

Enxeñaría e Arquitectura

79,4

2

2

ANEXO III
Novas adxudicacións

Nº expediente

Uni.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Ámbito

Total

Zona 1º ano

Zona
2º ano

POS-A/2013/171

UVIGO

Paradelo

Pérez

Marcos

*****818W

Ciencias

81

2

2

POS-A/2013/095

USC

Rodríguez

Porto

Rosa María

*****508W

Artes e Humanidades

80,5

2

2

POS-A/2013/004

USC

Álvarez

Fernández

Mª Stela

*****983L

Ciencias

80

3

3

POS-A/2013/060

USC

López

Costas

Olalla

*****365L

Artes e Humanidades

79,93

2

2

POS-A/2013/191

UDC

García

Salido

Marcos

*****925F

Artes e Humanidades

79,5

2

2

POS-A/2013/168

UVIGO

Aranguren

Gassis

María

*****899L

Ciencias

78,5

3

3

POS-A/2013/130

UVIGO

García

Lago

Liliana

*****349T

Ciencias

78,05

3

3

POS-A/2013/197

UDC

Martínez

Romero

Marcos

*****062C

Enxeñaría e Arquitectura

77,9

3

2

POS-A/2013/055

USC

Jiménez

Balsa

Adrián

*****254K

Ciencias

77,7

1

1