Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2014/1-2, 8137 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se citan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMTS e CT r/ Luis García Arias.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– LMTS consistente en anelar na liña CHA804 o CT proxectado entre o CT Edificio Buen Jesús (27CO41) e o CT Grupo Escolar Chantada (27CE74), cunha lonxitude de 18 metros, en condutor RHZ1-240.

– CT na r/ Luis García Arias 20, en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia de 400 KVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 29 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo