Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo (P.O.153/2014 IN), interposto polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra contra o Decreto 36/2014, do 20 de marzo, polo que se regulan as áreas de xestión clínica do Servizo Galego de Saúde.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 1ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O.153/2014 IN, interposto polo Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra contra o Decreto 36/2014, do 20 de marzo, polo que se regulan as áreas de xestión clínica do Servizo Galego de Saúde, esta secretaría xeral técnica resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para os efectos da súa incorporación aos autos da súa razón.

Polo exposto, mediante esta resolución emprázanse os interesados para que poidan comparecer e constituírse como parte nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade