Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Bóveda (expediente IN407A 2014/20-2, 8156 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: ampliación de potencia do CT Xullán 27C260.

Situación: concello de Bóveda.

Características técnicas:

– Substitución do transformador existente (50 kVA) no CTC Xullán por outro de 100 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 28 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo