Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 23 de xuño de 2014 Páx. 28401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2014/13-2, 8150 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento r/ Castelao.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

– LMTS con orixe na LMTS a CT Galicia, 17, e final na LMTS a CT Urbanización Puerto Seco 2, cunha lonxitude de 280 metros en condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2.

– RBTS baixo tubo con orixe no CT Castelao, cunha lonxitude de 10 metros en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV-1×95 AI.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 27 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo