Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (19/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que por resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Kowalsky Food, S.L., INSS e TXSS, en reclamación por seguridade social, se rexistrou co número 19/2013 e se acordou notificar a Kowalsky Food, S.L., a resolución de sentenza seguinte:

«Decisión:

Debo estimar e estimo integramente a acción exercida pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Kowalsky Food, S.L., o INSS e a TXSS e, en consecuencia, condeno a empresa demandada como responsable directa e principal, a aboar á demandante a cantidade de 1.246,75 euros polas prestacións derivadas do accidente de traballo indicado no feito probado segundo, e con responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS para o caso da insolvencia da empresa, polo referido importe.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229,1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. A seguir, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Kowalsky Food, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de xuño de 2014

A secretaria xudicial