Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27990

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2014 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación do contrato de adquisición dun vehículo autobomba urbana para o Servizo de Extinción de Incendios.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, Michelena nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: a) Adquisición de autobomba urbana. b) Prazo de entrega: sete (7) meses. c) Lugar: Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto, SARA, con varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación: 400.000,00 € (330.578,51 + 69.421,49).

5. Garantías: provisional: importe: 6.611,50 €. Definitiva: 5 %.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación. Telf.: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43 e na páxina web www.pontevedra.eu.

7. Presentación de ofertas: cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

9. Data do envío ao DOUE: 29 de maio de 2014.

Pontevedra, 29 de maio de 2014

Raimundo González Carballo
Concelleiro de Goberno