Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27989

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de información pública sobre clínica veterinaria (expediente 10944).

O día 25 de marzo de 2010 solicitouse neste concello licenza de actividade de clínica veterinaria, que se desenvolverá na rúa Rosalía de Castro, 1, Gondomar. En cumprimento do establecido polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sométese dito expediente a información pública durante vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, BOP ou no taboleiro de anuncios deste concello, para os efectos de ser consultado e formular as alegacións que consideren oportunas. O expediente estará á súa disposición dentro do dito prazo, no Departamento de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 13.30 horas. Do trámite de información pública exceptuaranse os datos da solicitude e documentación anexa que estén amparados polo réxime de confidencialidade.

Gondomar, 23 de abril de 2014

Fernando Guitián Guitián
Alcalde