Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Burela

ANUNCIO de información pública sobre o acordo de aceptación da proposta de prezo xusto da parcela sita na avenida da Mariña, número 24.

Por aplicación analóxica do disposto no artigo 147.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días, contados desde a publicación no Diario Oficial de Galicia, o acordo de aceptación da proposta de prezo xusto presentada polos propietarios da parcela situada na avenida da Mariña, nº 24, con referencia catastral
2162001PJ3326S0001KM, para a adquisición de terreo cualificado polo Plan xeral de ordenación municipal como dotacional polo método de expropiación forzosa, previsto no artigo 167.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, adoptado na sesión extraordinaria e urxente de Pleno que tivo lugar o pasado 12 de xuño de 2014.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado na Secretaría do concello para que se formulen as alegacións que se xulguen pertinentes.

Burela, 13 de xuño de 2014

(Decreto 292/2014)
Manuel Fernández Valle
Alcalde por suplencia