Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27991

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases para a provisión de postos de traballo reservados a persoal funcionario, para prover polo sistema de concurso.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 121, do 29 de maio de 2014, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para prover mediante concurso de méritos:

1 posto de xefe/a do Servizo de Comunicacións e TIC, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores.

1 posto de xefe/a da Unidade de Mantemento, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores ou técnicos medios.

1 posto de xefe/a do Servizo de Arquitectura, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores.

1 posto de xefe/a do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores.

1 posto de xefe/a da Unidade de Coordinación, Xestión e Apoio, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, xestión ou administrativa.

1 posto de xefe/a do Servizo de Vías e Obras, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores.

1 posto de xefe/a do Servizo de Expropiacións e Control de Proxectos, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores.

1 posto de xefe/a do Negociado I. Recursos Propios e Tesouraría, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de xefe/a do Servizo de Cultura, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico Artístico, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica ou xestión ou escala de Administración especial, subescala servizos especiais, prazas de cometidos especiais.

1 posto de adxunto/a xefe/a de servizo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala xestión ou administrativa.

1 posto de responsable de Publicacións e Redacción, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, xestión, administrativa, ou escala de Administración especial, subescala servizos especiais, prazas de cometidos especiais.

1 posto de administrativo/a de Publicacións, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.

1 posto de responsable de Difusión, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores, técnicos medios, ou escala de servizos especiais, prazas de cometidos especiais.

1 posto de director/a do Museo Provincial de Lugo, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, prazas de cometidos especiais.

1 posto de responsable de Arqueoloxía, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores.

1 posto de responsable de Etnografía e Artes Decorativas, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores ou técnicos medios, ou subescala servizos especiais, prazas de cometidos especiais.

1 posto de responsable de Biblioteca, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores, técnicos medios, ou subescala servizos especiais, prazas de cometidos especiais.

1 posto de xefe/a do Servizo de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Xuventude, pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, ou escala de Administración especial, subescala técnica, técnicos superiores.

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Lugo, 29 de maio de 2014

P.D. (Decreto 2228/2012, do 18 de xullo)
Lara Méndez López
Vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo