Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27993

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal dos Deportes de Vigo

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación de servizos técnicos e docentes para as piscinas cubertas das Travesas, Lavadores, Teis e Valadares, e dos servizos para impartir ensinanzas e actividades deportivas nos ximnasios e instalacións dependentes do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo (expediente 2610-11).

2. Obxecto do contrato.

Descrición: a prestación dos servizos técnicos e docentes de monitores e profesores para impartir as ensinanzas deportivas, o servizo de socorrismo, atención e control dos usuarios, así como os de limpeza, conservación, mantemento e vixilancia, nas piscinas cubertas das Travesas, Lavadores, Teis e Valadares, e prestación dos servizos de profesionais técnico-docentes, monitores e profesores para impartir distintas ensinanzas e actividades deportivas nos ximnasios das instalacións municipais O Berbés e As Travesas, así como o mantemento das máquinas de actividade físicodeportiva dos ximnasios.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: un ano e un ano de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento: prezo total anual do contrato 3.259.377,00 euros, con IVE; o IVE é 565.677,41 euros. Este importe desagrégase en:

– Unha parte fixa de 2.317.997,00 euros con IVE; o IVE é 402.297,00 euros.

– Unha parte variable como máximo por hora/monitor-profesor para todas as actividades descritas nos pregos de prescricións de 17,60 euros, sen IVE; é de 941.380,00 euros con IVE e o IVE é 163.380,00 euros.

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Avenida Castrelos, 1, 36210 Vigo. Teléfono: 986 23 74 58. Fax: 986 23 64 88.

Páxina web do Concello de Vigo: www.vigo.org

Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: non.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: ata os 8 (oito) días naturais desde a data da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: véxase o punto 6 do anuncio.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: a Mesa de Contratación do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un importe máximo de 1.000,00 euros, número 5.A da folla de especificacións do contrato.

Vigo, 13 de xuño de 2014

José Manuel Fernández Pérez
Presidente do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo