Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27933

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (342/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 342/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Oubiña Abuín contra Novagalicia Banco, S.A., Unicom, Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., Jorge Muñiz Álvarez, Jorge González Abad, Domingo Muíños Nieto, Adys Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A., ADYS 2003, S.A., Fogasa, administración concursal ADYS 2003, S.A., David Fernández Gómez, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 292/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 342/2013.

Demandante: Javier Oubiña Abuín.

Letrado: Sr. Pena Díaz.

Demandado:

– Unicom, Compañía de Seguridad Electrónica, S.L.

– ADYS Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A.

– Administración concursal de ADYS, S.A.

Letrada: Sra. Ferreiro Abelairas.

– Novagalicia Banco, S.A.

Letrada: Sra. Gil Sánchez.

– Jorge González Abad.

– Domingo Muíños Nieto.

– David Fernández Gómez -comparece por si mesmo-.

– Jorge Muñiz Álvarez.

Fogasa.

«Sentenza 292/2014.

A Coruña, 27 de maio de 2014

Decisión:

1º. Desestimo a demanda presentada por Javier Oubiña Abuín contra Unicom Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., Novagalicia Banco, S.A. e Jorge González Abad, Domingo Muíños Prieto e David Fernández Gómez e, en consecuencia, absólvoos de todas as pretensións deducidas fronte a eles e declaro a procedencia do despedimento sufrido polo demandante.

2º. Tense a parte demandante por desistida respecto dos demandados Adys Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. e a súa administración concursal e fronte a Jorge Muñiz Álvarez.

3º. O Fogasa debe pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo do Social da Coruña».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a ADYS Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A., Jorge Muñiz Álvarez e Domingo Muíños Nieto, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de maio de 2014

A secretaria xudicial