Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/15-2, 8152 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE número 310, do 27 de decembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Promociones Innovalugo, S.L.

Domicilio social: avenida Alcalde Anxo López Pérez, 10, entrlo., 27002 Lugo.

Denominación: LMT e CT de 400 kVA 230/400-20 kV con cesión á compañía subministradora para subministración a edificios de vivendas.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

CT en edificio non prefabricado, situado na r/ Mar Cantábrico, nº 23-31, cunha potencia proxectada de 400 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230V, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

Canalización proxectada (obra civil) con orixe nunha arqueta existente propiedade de BEGASA situada diante do número 26 da r/ Mar Cantábrico e final nunha arqueta nova diante do edificio 23-31 formada por dous tubos de 160 mm e un de 63 mm, cunha lonxitude de 45 metros. Proxéctase tamén una canalización con seis tubos de 160 mm e un de 63 mm con orixe na arqueta situada diante no nº 23-31 a cal discorre paralela á beirarrúa e remata diante do número 26 da r/ Mar Cantábrico.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 26 de maio de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo