Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 21 de abril de 2014 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión e da batea Gema II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Gema II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 9.4.2014, María Luisa Rubio Ouviña, no nome e representación da comunidade de herdeiros de Juan José Fachado Cebreiro, solicitou autorización para a transmisión da concesión e da batea Gema II.

Segundo. O informe do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG nº 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o regulamento de viveiros (DOG nº 97, do 22 de maio), e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Conselleria do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o regulamento de viveiros (DOG nº 97, do 22 de maio) e na Orde do 15 de xuño de 1999, modificada pola Orde do 8 de maio de 2000, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Luisa Rubio Ouviña (76466968H) 58,51 % privativo, e a cada un dos fillos Manuel, Isabel e Eva Fachado Rubio (33267552F, 76776984V, 52933991C) o 13,83 % privativo en núa propiedade, da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación.

Tipo: batea.

Nome: Gema II.

Localización:

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Polígono: E.

Cuadrícula nº: 136.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 11.3.1960 (BOE/DOG nº 70, do 22.3.1960).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Juan José Fachado Cebreiro e María Luisa Rubio Ouviña (35263922T, 76466968H) 100 % gananciais.

Novos titulares: María Luisa Rubio Ouviña (76466968H) 58,51 % privativo, Manuel Fachado Rubio (33267552F) 13,83 % privativo en núa propiedade, Isabel Fachado Rubio (76776984V) 13,83 % privativo en núa propiedade e Eva Fachado Rubio (52933991C) o 13,83 % privativo en núa propiedade.

Os novos titulares da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

A Coruña, 21 de abril de 2014

P.D. de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña