Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2014 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e con tramitación ordinaria, da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario de conxuntos de anorak, forro polar, cobrepantalón para o persoal do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia durante os anos 2014 e 2015, actuación cofinanciada en parte polo Feader, nun 75 %, medida 226 (expediente 3bis/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: celebración dun acordo marco cun único empresario para a subministración sucesiva, por prezos unitarios, de conxuntos de anorak, forro polar, cobrepantalón destinados ao persoal dos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: o prazo de duración do acordo marco abranguerá desde o día seguinte ao da sinatura ata o 31 de marzo do ano 2015. O prazo establecido para as entregas será de 90 días para o primeiro; de 20 días para pedidos sucesivos.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 35113400-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 787.500,00 €. Importe IVE (21 %): 165.375,00 €. Importe total (con IVE): 952.875,00 €, cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 866.250,00 € (incluídas posibles modificacións).

5. Financiamento: Feader nun 75 % e 25 % fondos do estado membro.

6. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo os puntos I e J da carátula.

7. Garantía exixida. Definitiva: 39.375,00 € (5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas), 981 54 60 56 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20555

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 7 de xullo de 2014.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 18 de xullo de 2014.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Condicións especiais de execución: segundo o establecido na letra W da carátula.

13. Outras informacións: penalidades por demora nos prazos de entrega (cláusula V da carátula).

14. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de maio de 2014.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar