Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27787

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se autoriza o bloque común e complementario a distancia das modalidades deportivas de inverno e o bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas, presencial e a distancia, ao Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Safe Formación, do concello de Ourense.

A titularidade do Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Safe Formación, de Ourense, solicita autorización para impartir o bloque común e complementario a distancia das modalidades deportivas de inverno, así como impartir o bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas.

Por Orde do 12 de setembro de 2011, autorízase para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de Técnico Deportivo e Técnico Deportivo Superior en Esquí Alpino, Esquí de Fondo e Snowboard.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas cales se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos con que deben contar os centros.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, de ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, establece no seu artigo 24 a posibilidade de ofertar ensinanzas deportivas de xeito modular ou parcial, en réxime presencial ou a distancia.

A Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro de 2014, regula os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, a que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Safe Formación, de Ourense, código 32020835, para impartir o bloque común e complementario a distancia das modalidades de deportes de inverno, e o bloque común das actividades promovidas polas federacións deportivas, presencial e a distancia.

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria