Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 19 de xuño de 2014 Páx. 27927

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (219/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 219/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aarón Boquete López contra Moldsan, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza nº 215 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2014.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo 219/2014 seguidos por instancia de Aarón Boquete López, representado pola procuradora Sra. Ángeles Regueiro Muñoz e asistido pola letrada Sra. Elvira Núñez García, contra a entidade Moldsan, S.L.U., que non comparece malia estar debidamente citada, con intervención do Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual.

Decido que desestimo a demanda formulada por instancia de Aarón Boquete López, representada pola procuradora Ángeles Regueiro Muñoz e asistido pola letrada Elvira Núñez García, contra a entidade Moldsan, S.L.U., que non comparece malia estar debidamente citada, con intervención do Fogasa, sobre despedimento obxectivo individual, estimo a excepción de caducidade da acción e absolvo as demandadas de todos os pedimentos efectuados na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Tense por desistida á parte demandante da medida preventiva de embargo preventivo interesado.

Líbrese testemuño da presente resolución á peza de medidas preventivas e arquívese esta.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Moldsan, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

A secretaria xudicial