Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 26 de maio de 2014 pola que se notifica ao interesado que se indica a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, na cal se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado en Área Central s/n, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido este prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2014

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: C-92/060 conta 1.

Nome: Jesús Lourido Rey.

Último domicilio coñecido: rúa Ponte de Caranza, bloque 24, portal E-1º D, Ferrol.

Indicación do contido do acto que se notifica: notificación da cantidade exixible resultante da liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

Trátase dun acto de simple trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non poderá interporse ningún recurso.