Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27416

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da oposición.

Na sesión que tivo lugar o día 9 de xuño de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 1 de xullo de 2014, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administracións Públicas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal, e queda prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se lles faciliten.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal