Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27415

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 2 de xuño de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2014 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 21 de xuño de 2014, na aula C da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2014

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal