Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27417

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 140, do 24 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

Na sesión que tivo lugar o día 9 de xuño de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febrero) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3. da convocatoria, que o terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 26 de xuño de 2014, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na Escola Galega de Administracións Públicas, aula 7.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal, e queda prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se lles faciliten.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal