Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 16 de xuño de 2014 Páx. 27284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición dunha cámara dixital para microscopio electrónico de transmisión Philips CM20 (expediente 6/14).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 6/14.

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: cámara digital para microscopio electrónico de transmisión Philips CM20.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: Servizo de Microscopía no Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación no Campus das Lagoas-Marcosende.

2) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: 60 días.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 38300000-8 e CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: aberto.

c) Criterios de adxudicación.

1) Prezo do equipo: 50 puntos.

2) Accesorios e melloras no equipamento: 25 puntos.

3) Calidade do equipamento ofertado: 15 puntos.

4) Tempo de resposta ofertado na resolución de avarías: 10 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 96.461,20 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 79.720 € + 16.741,20 € de IVE.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: (5 % do importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B y C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidad: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 1.000 euros.

11. Outras informacións: Feder proxecto de referencia: UNVI08-1E-004, axuda correspondente ás liñas de actuacións en infraestrutura científico-tecnolóxica do Plan nacional de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnológica 2008-2011 e ao Programa nacional de infraestruturas científico-tecnolóxicas convocadas polo Ministerio de Ciencia e Innovación, mediante as ordes PRE/660/2008, do 7 de marzo, e PRE1083/2008, do 11 de abril, baixo a modalidade combinada de anticipo reembolsable (Feder 70 %). Data límite de xustificación dos fondos: 31.12.2014.

Vigo, 6 de xuño de 2014

Por delegación (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo